sábado, 15 de septiembre de 2012

Mostra Pares & Nones

Dende o día 17 ao 30 de setembro teremos na nosa pequena galería a mostra de arte de Pilar Brañas. Manteremos o local aberto ao público de 17h a 21h de luns a sábado para que poidades visitala. O xoves 20 as 20:30 terá lugar a inauguración con comida e bebida, xa que é o que manda a tradición. Non faltedes!!



Deixámosvos unha breve reseña sobre a autora:

"Mª del Pilar Brañas Pérez nació en A Coruña en 1977; Estudió en la Facultad de Bellas Artes de la Universidad de Vigo con sede en Pontevedra (2002- 2007). Su formación la completa con una beca Sócrates –Erasmus en Kingston University en Londres y con un Máster de Diseño Gráfico y Multimedia realizado en Madrid tras terminar sus estudios de Bellas Artes.


Participa en diferentes exposiciones de carácter colectivo como las Bienales de pintura “Balconadas“ de Betanzos en su X y XIII edición, en una exposición en Knights Park en Londres entre otras.
Desde su infancia destacó en el dibujo y en el buen uso del color sobresaliendo la gama cromática de los azules que ha perfeccionado tras sus estudios de Bellas Artes.

En su pintura se combina el buen hacer con la búsqueda de lo nuevo utilizando diferentes técnicas y soportes. Su obra es un ejemplo de su personalidad, es una búsqueda de la armonía y la belleza por sí misma. Su técnica minuciosa y precisa conjuga la pincelada fina con los juegos de luces y sombras. Su temática combina la figura humana, donde los desnudos y los rostros mantienen un equilibrio de formas que transmiten quietud y sosiego rechazando lo anecdótico para centrar la atención del espectador en el motivo principal.

Por otra parte nos muestra su precisión a la hora de tratar otros temas como paisajes de árboles desnudos o naturalezas muertas con gran técnica diáfana y limpia.
Se podría decir que la línea fundamental de esta obra está en el tratamiento sencillo que solapa la difícil manera de expresar los sentimientos. Estamos en suma ante una pintora con oficio que conoce bien la técnica que emplea. "

Carolina E. Carballo Pérez

miércoles, 12 de septiembre de 2012

ORNITOCIRCO



No mes de Agosto levamos a cabo unha experiencia nova dentro da asociación que esperamos que se repita máis veces: ORNITOCIRCO. Qué diantres significa esto? Poderíamos explicalo, pero xa perdería toda a gracia. O importante é que son unhas xornadas intensivas nas que intentamos facernos visibles dentro do barrio, facer un pouco de publicidade e darlle saída as obras de tódolos socios, aínda que tamén estabamos abertos a que xente de fora mostrase o seu traballo.



Foi unha experiencia positiva? En xeral cremos que sí, pese a que non se acadaron todos os obxectivos planeados. Faltounos previsión e promocionar o evento con certa antelación, pero dos erros apréndese e iremos mellorando con cada edición. O importante é manter o movemento de actividades e facernos ver no barrio e na cidade.


O mellor sen dúbida foi o día da inauguración. Amigos e algún curioso achegáronse para disfrutar do buffet caseiro vexetariano e da sangría improvisada. Houbo risas, música e moita arte, non so pendurada das paredes. 



Agora temos que afrontar un novo curso escolar: poñer en marcha os obradoiros e facer unha programación das mostras artísticas, seguir novos socios e colaboradores; pero esperamos que para a primavera do ano que ven vólvase a repetir esta curiosa e divertida experiencia. Vémonos!

Fotografías de Virginia De

viernes, 9 de marzo de 2012

Obradoiro de cómic

Hoxe traemos información sobre o obradoiro de Iniciación ao cómic que vai levar a cabo o colectivo de ilustradores Miñoco. Miñoco naceu fai aproximadamente un 1 ano como unha iniciativa de varios compañeiros da escola de artes Pablo Picasso, coa intención de desenvolver proxectos en común e conseguir maior difusión do traballo dos seus integrantes. O ano pasado participaron en varias exposicións colectivas (Punto e Pixel, ExpOtaku, Destapando Bañeras) e participaron activamente no mercado do Soho e no Salón do Cómic da cidade herculina.


Para inaugurar as actividades deste ano presentan no noso local o curso ao que nos referimos antes e unha exposición centrada no proceso creativo do cómic e da ilustración. Para máis información lede o post que publicaron no seu blog.

miércoles, 29 de febrero de 2012

OBRADOIROS

Novos obradoiros, axuntámosvos as novas fechas, horarios e prezos, para que non digades que vos temos informados...

E en especial este mes daránse dous cursos nos que escasean as prazas, e está máis que aconsellable a súa participación, garantido unha experiencia para as artes visuais, como é o impartido polo fotógrafo Gabi Tizón, partindo dun punto de vista moi propio no que podedes participar...


...e unha creatividade nas artes visuais coma a de Gemma Pérez, que afrontará un obradoiro de deseño gráfico, no que abarcará distintas partes deste..


Así que xa sabedes onde estamos, esperamos a vosa visita


______________________

Para máis información
www.colectivolaverca@gmail.com

miércoles, 8 de febrero de 2012

Estivemos en EmporcARTE '12

O pasado venres 3 tivo lugar en Lalín (Pontevedra) a segunda edición da mostra de arte multidisciplinar EmporcARTE, onde Laverca estivo representada por varios dos nosos membros. A mostra contou con diversidade de obras que xiraban entorno ao porco e ao cocido, parte moi importante da gastronomía e cultura lalinense.



Por unha banda presentouse en sociedade CociCHÍN! da empresa CHÍN, unha proposta de cocido instantáneo traída do ano 4137. Nese futuro o porco despareceu e a empresa en cuestión descubriu un documento videográfico no que se amosa a preparación do cocido tradicional galego. Con este punto de partida a empresa CHÍN desenvolveu unha receta con ingredientes semellantes aos daquela época, e incluso conseguíu acadar as esencias dos mesmos. Tamén se podía ver no seu stand unha escultura en resina dunha recreación do prato galego. Esta obra interactiva e que abrangue diferentes disciplinas, foi creada e executada por Gemma Pérez, Virginia Díaz, Cristina Cotelo e María Álvarez.


Tamén estivo o noso compañeiro Pablo Vence que participou na mostra cunha escultura de arame de aluminio dun porco titulada Recordos da infancia. A obra fai referencia ao recordo dos seus días de neno na aldea e da tradición da matanza.

viernes, 27 de enero de 2012


Chega de novo a esperada cita con ARCO


De novo, e outro ano máis volve ARCO Madrid para todos, e sendo estudiandes poderedes disfrutar deste espazo expositivo por tan só 21 €.
Visita obrigada, que non nos deixará indiferentes, tras esta feira varias das obras seguirán ocupando un espazo para os que non poidades chegar nas datas.
Do 15 o 19 de febreiro de 2012

Visita profesional : mércres 15 e xoves 16 | de 12.00 a 21.00 horas
Aberto ó público : verness 17, sábado 18 e domingo 19 | de 12.00 a 20.00 horas

___________________________



info:
http://www.ifema.es/ferias/arco/default.html


miércoles, 25 de enero de 2012


Chega o MADinSpain 2012 


MADinSpain  é un evento internacional que reúne ós mellores deseñadores creativos, estudos de deseño, axencias de publicidade interactiva e axencias de motion graphics de todo o mundo.
Nesta edición contarán coa presenza de Stefan Sagmeister + Cuban Council + Nando Costa + Randy J Hunt + moitos máis.

13-14 Abril de 2012 Madrid

_______________